mércores, 13 de novembro de 2013

Bechos pequerrechos - POESÍA INFANTIL

 
Bechos pequerrechos
María Lires
Ilustracións de María Lires
Col. Arbore. Os Duros, 28.
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 
 
Idade recomendada: + 6 anos
 
Conxunto de pequenos poemas en verso libre e rimado, en linguaxe directa, áxil e coloquial. Cada un deles céntrase nalgún mínimo detalle das características dun animal próximo ao lector.
 
Así, a araña Renata perdeu unha pata; ao Martiño subíronselle as cores polo albariño; Don Xoán e Dona Xoaniña ándanse pretendendo; o caracol Galileo vai amodiño; o escaravello non gusta de irse facendo vello; dona Albiña bolboreta é moi extravagante e coqueta; á lesmiña Maruxa estanlle saíndo os dentes; o vermiño Bertomeu vai moi fachendoso co seu chapeu; a formiguiña é moi larpeira; Abelarda, a libeliña, arrefriouse por pasear pouco abrigada; a eiruga tripuda só come leituga pois quere adelgazar; a dona Píntega Pinchorra non lle gusta andar ás présas; dona Laura Vacaloura vai de troula a unha festa de disfraces.
 
E todos eles teñen unha mensaxe final para o camiñante: leva coidado e non nos pises cos zapatos.
 
O traballo de ilustración recorre a distintas técnicas e materiais como o papel ou o barro para presentar os animais en tres dimensións.
 
32 páx.
19 x 16 cm.
ISBN 978-84-9865-199-7
 
Fonte: BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.