mércores, 27 de novembro de 2013

"Acuática Alma" - POESÍA


Acuática Alma 
Marta Dacosta
Colección Poesía, 2011
Edicións Espiral Maior, 2011

Lectura recomendada para adultos.

Marta Dacosta homenaxea en Acuática Alma, a forza das mulleres, “a súa capacidade para superar a dor”. E chama por todas as Ofelias - como xa o facía en "As amantes de Hamlet"-, para instalas a ser libres , a rebelarse contra o sometemento. Porque a violencia de xénero é unha das inxustizas contra as que Acuática Alma ergue a palabra. Como o fai contra o descoñecemento, a frustración ante a construción de imaxes deformadoras sobre as persoas. Ou contra a desmemoria, a mentira, pois “a historia”, lembra, “escríbena os vencedores”. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.