venres, 25 de outubro de 2013

Tom e Mix, os cabalos de Clara - LITERATURA INFANTIL

Tom e Mix, os cabalos de Clara
Paco López-Barxas
Ilustracións de Xaime Asensi 
Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2009

 
Idade recomendada: + 3 anos 
 
Clara vivía nos arredores da cidade, nunha casa rodeada de cabalos. No seu cuarto tiña cabalos de todo tipo: de goma, de cartón ou de madeira. Tanto gustábanlle que mesmo tiña unha colección de libros de cabalos e un teatro de marionetas con cabalos de trapo. Nun dos seus estantes dous purosangue de madeira, Tom e Mix, suxeitaban os libros. Unha noite, Tom quixo coñecer os cabalos máis famosos da Historia e Mix leulle nun libro de Clara: o rápido e voador Pegaso, de Zeus; o de Troya, que transportou soldados na súa barriga; o desconfiado Bucéfalo de Magno; o de Calígula, que lucía un colar de pedras preciosas e mesmo foi nomeado cónsul polo seu amo; Babieca, que levou ao Cid Campeador morto ás batallas; o simpático Rocinante do aventureiro Don Quixote; o de Picasso, que morreu no bombardeo de Gernika...
 
Logo, escapáronse para o monte, deixando de ser cabalos-estatua, gozando da natureza con outros cabalos salvaxes. Como ás veces baixaban á praia para xogar coas gaivotas, un día Clara descubriunos alí: trotaban sobre as ondas do mar como as máis veloces motos acuáticas.
 
ISBN 978-84-7824-572-7
32 páx.
22 x 21 cm.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.