martes, 15 de outubro de 2013

Parece unha rosa - POESÍA INFANTIL


Parece unha rosa
Ilustraciones de Isabel Pintado 
Col. Lúa lueira, 1.
Ed. Espiral Maior. A Coruña, 2010

Idade recomendada: + 6 anos

Álbum que ilustra a primeira parte do poema "Vente, rapasa" de Rosalía de Castro, do seu libro Cantares galegos. Primeiro reprodúcense todos os versos; logo, recóllese cada unha das estrofas e ilústrase a dobre páxina. Unha nena, Mariquiña, e un neno, Minguiño, son chamados pola voz poética a lavarse na fonte. Despois de lavados, ela parece unha rosa e el un repolo e merecen un biquiño. A afectividade e tenrura cos pequenos, que teñen os "ojitos de groria", a "carita de bruxa" e o "corazón de manteiga", teñen o seu reflexo no traballo de ilustración. 

Sobre un fondo de cores suaves, o delicado traballo coas imaxes, figurativas e buscando a expresividade do rostro infantil, centrándose na forza dos ollos, crea un espazo lírico en sintonía co ton popular e o ritmo áxil do verso rimado de arte menor. 
 
28 páx.
16 x 16 cm.
ISBN 978-84-92646-54-8 

Fonte: BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.