luns, 7 de outubro de 2013

Os Bolechas van de viaxe - "Polo río Lérez vai un peixiño" - LITERATURA INFANTIL


Polo río Lérez vai un peixiño
Pepe Carreiro 
Ilustracións de Pepe Carreiro 
Col. Os Bolechas van de viaxe.
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Idade recomendada: + 6 anos

Os Bolechas van explorar o río Lérez en Pontevedra e encóntranse con Xiana, a dona de Gluglú, o peixe que rescataron no mar de Lira. Ao pasar pola pasarela Glugú salta do acuario e bótase ao río. De pronto un corvo mariño érguese da auga co pececillo no pico. Montan nunha lancha para intentar recuperalo. O corvo, ao chegar á ponte dos tirantes, enrédase neles e Gluglú cae novamente ao río. Pili, Loli e Braulio tíranse á auga para rescatalo. O río está cheo de salmóns. Cando o van rescatar, tres lampreas lánzanse a polo peixe e os tres irmáns, como lles teñen medo a esas "cobras" do río, soben á lancha. Ao pasar pola ponte do Burgo, un reo veterano come a carnada dun pescador sen ferirse salvando así a Gluglú, que coa súa inocencia picaría. O perigo radica en que chegue ao mar, pois el non pode vivir na auga salgada xa que é un peixe de auga doce. Carlos e Braulio métense na auga para impedilo.

Ata que Carlos empeza a rir por algo que non para de rebulir facéndolle cóxegas: o pececillo, que se escondera na súa camiseta ao botarse á auga. Xa poden regresar todos casa contentos.

28 páx.
17 x 17 cm.
ISBN 978-84-8341-040-0 

Fonte: BLIX



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.