xoves, 17 de outubro de 2013

Irene no Sahara

Irene no Sahara
Adaptación: Javier Vela, Sonia Corral e Maribel Tellado
Ilustracións: Alicia Suárez Otero


Idade recomendada: De 6 a 10 anos 

Irene continúa a súa viaxe polo mundo recompilando contos populares de distintas culturas. Nesta ocasión, visita o seu amigo saharauí Gali, que vive nun dos campamentos nos que se refuxiou o seu pobo tras a cesión do Sahara Occidental a Marrocos hai 30 anos. Coa visión dunha nena de 9 anos, Irene explícanos os costumes saharauís e introdúcenos nas súas lendas, coas que a avoa de Gali ameniza as tardes no deserto. Entre as actividades inclúense talleres de cuentacuentos en colexios e un concurso de contos para que as nenas e nenos participen activamente expresando de forma creativa a súa propia percepción sobre os contidos do proxecto.

Así empeza o conto:

Ola de novo! Acordádesvos de min? Chámome Irene e teño nove anos. A última vez conteivos algunhas lendas de Centroamérica que coñecín cando vivía alí cos meus pais, que traballan como cooperantes nos países empobrecidos.

Noso último destino foi o deserto do Sahara, en África, pero esta vez a viaxe non foi por motivos de traballo dos meus pais senon porqué invitoume o meu amigo saharauí Gali.

Gali ten dez anos e estivo varios veráns en Espeña pasando as vacacións na nosa casa. Cada vez que viña contábame que el vive nunha tenda de campaña no deserto. E que alí, non hai nada, soamente area sembrada de tendras -que se chaman "haimas"- e algunhas casiñas de adobe. 

Queres seguir lendo o conto? Ven a BIBLIOPAZOS e prestámoscho.

Podes tamén descargalo en castelán en formato PDF facendo clic Aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.