venres, 18 de outubro de 2013

Irene en Senegal - LITERATURA INFANTIL

Irene en Senegal 
Adaptación: David Puigmartí i Carrulla, Jessica Núñez Rego e Eva Molares Marín 
Ilustracións: Alicia Suárez Otero


Idade recomendada: De 6 a 10 anos 

A intención deste libro de contos é promover actitudes de respecto e aceptación cara a persoas e culturas diferentes, así como diminuír os prexuízos do rexeitamento ante o descoñecido, por medio da educación en valores e a interculturalidad.
 
Irene, a pequena protagonista, descríbenos a súa estanza en Senegal. Alí coñece ao ancián Mamboy, que o guía e á vez nos introduce na historia, costumes, culturas, contos e lendas africanas. 'Como nas anteriores edicións de Contos do Mundo, Irene en Senegal inclúe unha guía de reflexión para o profesorado, nais, pais e mediadores educativos, que axuda a reflexionar, cos e as peques sobre as diferenzas, e sobre os movementos migratorios e as súas causas. 

As lendas están feitas coa colaboración do Sr. Mamadou Saliou Diallo (coñecido como Zale) e os/as estudantes da escola CAFT (Centre d'Alphabétisation et Formation de Thiaroy).

Así empeza o conto:

Ola! Son Irene de novo. Xuntos, e a través dos contos viaxamos coa imaxinación a diferentes países de América Central, ó Sahara e á rexión andina, a onde viaxei cos meus pais acompañándoos no seu traballo como cooperantes.

Nesta ocasión véñovos falar de Senegal. Senegal é un país que está case na metade de África, as súas costas son bañadas polo océano Atlántico e a súa capital é Dakar. 

Queres seguir lendo o conto? Ven a BIBLIOPAZOS e prestámoscho.
Podes tamén descargalo en castelán en formato PDF facendo clic Aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.