sábado, 12 de outubro de 2013

Como está o galiñeiro! - LITERATURA INFANTIL

¡Como está o galiñeiro!
Ilustracións de Marta Álvarez 
Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2002 

Idade recomendada: + 3 anos

Chegaron as vacacións de verán. Uxía e o seu pai marcharon como sempre para a aldea. Á nena producíalle tristura a idea. O pai, o profesor Viraventos, encerrábase no seu laboratorio científico soñando con descubrir algo grandioso. Mentres, Uxía se encargaba das galiñas, aburrida e moi soa. 

Pero esta vez aconteceu algo insólito: nun despiste, as galiñas entraron no laboratorio do pai. Ao día seguinte, no galiñeiro apareceron uns ovos enormes, como os de Pascua, de moitas cores, aínda que sen chocolate. As apócemas secretas do profesor provocaran que as galiñas puxesen uns ovos surrealistas!. O luns rompeu o primeiro e saíu del unha pequena galiña vermella que facía enormes burbullas de xabón. O martes, outra que se puxo a tocar o violín e tivo aos dous bailando toda a tarde. A do mércores saíu dando brincos e fixo equilibrios no tendedeiro da roupa e malabarismo. O xoves, unha artista con pico en forma de lapis co que empezou a pintar as paredes da casa. A do venres transportou a Uxía polos aires e ensinoulle o pobo dende arriba. 

Foi o mellor verán de Uxía. Por fin o profesor fixera un descubrimento importante: unhas galiñas moi tolas e divertidas, que encerraron nun enorme galiñeiro para que os nenos puidesen coñecelas. 
32 páx.
18 x 20 cm.
ISBN 84-8302-862-X

Fonte: BLIX


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.