luns, 28 de outubro de 2013

A Cruz dos farrapos - LITERATURA INFANTIL

A Cruz dos Farrapos
Pere Tobaruela / Ana Boullón
Ilustracións de Andrés Meixide 
Col. Branco de cores, 7.
Ed. Sotelo Blanco / Consorcio de Santiago. Santiago de Compostela, 2009
 
 
Idade recomendada: + 6 anos 
 
No cumio do Monte do Gozo, na ermida de San Marcos, a que recibe os peregrinos que chegan a Compostela, unha tormenta sorprendeu a Branco de Cores, comezando así a súa curiosa aventura. Viu na porta a unha muller vestida de farrapos e cun instrumento na man que lle pediu axuda e logo desapareceu. Entón un lóstrego impactou nel e encontrouse apoiado nas murallas medievais de Compostela, en pleno século XIII. Camiñou cara á entrada principal da catedral, naquel entón na praza da Acibechería, coñecida como Porta do Paraíso, onde está a Cruz dous Farrapos, chamada así porque ante ela os peregrinos cumprían o ritual de queimar as súas roupas vellas ao chegar de peregrinación. Seguindo un rapaz, achegouse á capela da Corticela, aínda non unida á catedral, onde encontrou a muller que se lle aparecera na porta da ermida: era María Balteira, a xograresa, impedida de queimar a súa roupa polo soldados do trobador don Lopo, en vinganza polos versos satíricos que ela lle dedicara no pazo de Sano Lorenzo. Este esíxelle que queime tamén os seus versos.
Afortunadamente, Branco convence o trobador de que lle permita queimalos a el, pero non arden pois cando as campás dan as 12 un lóstrego impacta novamente no cabalo e o retorna san e salvo á ermida, cos versos na man. 
 
Novo álbum desta colección que se ambienta nos espazos representativos da cidade de Santiago de Compostela. 
 
ISBN 978-84-7824-589-5
28 páx. 
23 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.