venres, 13 de setembro de 2013

Un cómic alerta aos mozos galegos sobre os perigos dun uso irresponsable das TIC



Para contribuír á concienciación dos menores sobre un uso seguro da Internet e as redes sociais, o Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os Perigos de Internet (que podemos descargar de balde en formato PDF), no que cóntase unha historia dunha familia con fillos mozos que se enfrontan aos problemas que xorden ao non facer un uso responsable das comunicacións electrónicas, especialmente no que respecta á protección da súa intimidade e imaxe persoal.

Esta banda deseñada de 16 páxinas tamén ten unha edición física de 30.000 exemplares que chegarán aos estudantes da ESO de Galicia a través dos seus centros educativos. É unha obra guionizada pola compostelá Gemma Sesar e debuxada polo lugués Ramón Marcos.

Esta iniciativa é consecuencia do resultado do primeiro estudio sobre hábitos dos adolescentes galegos na súa relación coa Rede, elaborado en 2011, e do que concluíuse que o 53% dos rapaces navegaban pola web sen control dos seus pais e o no 80% nunca discutían por mor do seu uso da Internet. Ante esta situación, consideran importante desenvolver políticas de prevención ante usos irresponsables das TIC, entre as que figura a publicación deste novo cómic.


Fonte: Código cero



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.