venres, 27 de setembro de 2013

Pregunta a Dra. Peteiro sobre o Tempo - ENCICLOPEDIA INFANTIL



Pregunta á Dra. Peteiro
sobre o TEMPO 
Autora: Claire Llewellyn 
Ilustración: Kate Sheppard 

Idade recomendada: + 5 anos

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Tempo é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais as estacións, os distintos climas, os fenómenos atmosféricos... e moito máis.

Outra saca chea de cartas enviadas por preocupados animais chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Que é ese escintileo no ceo?, Como pode o vento axudarme a voar?, Por que o meu pelo se está volvendo branco? etc.

Encadernación: Tapa dura 
Nº de páxinas: 32
ISBN: 978-84-92630-23-3

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.