luns, 30 de setembro de 2013

A miña enciclopedia dos nenos do mundo - ENCICLOPEDIA INFANTIL

A miña enciclopedia dos nenos do mundo
Autora: Stéphanie Ledu-Frattini 
Ilustradora: Stéphanie Ledu-Frattini 
Traductora: Cecilia Fernández
Ed. SM Xerme , 2009 

Idade recomendada: + 8 anos

Se queres saber onde viven outros nenos, que comen e moitas cousas máis, esta enciclopedia invítate a viaxar a diferentes cantos a través de anécdotas.

Resumo

Cantas formas existen para dar a benvida? Para que pode servir unha grande folla de plátano? Cales son as mascotas que teñen outros nenos? Cantas maneiras coñeces para poder ir dun sitio a outro, ademais do tren, o avión ou o coche?... Dependendo do lugar no que te atopes, a túa forma de vida resulta diferente. Con esta enciclopedia coñecerás como é a vida diaria, os alimentos, as familias, os animais, os gustos, os xogos ou as tradicións de nenos que viven en diferentes lugares do mundo.

Así empeza 

Aquí ou acolá

Na costa ou nas alturas, no frío ou no deserto... Se tiveses nacido noutro sitio, que mundo descubrirías cada mañá? 

Ola!

Nas distintas partes do mundo non se fan os mesmos xestos para dar a benvida. Cal é o punto en común? O sorriso!


Nº páx.: 126
ISBN: 978-84-9854-143-4 
Xénero: Informativo 
Tema: Mundo en sociedade - Vida real 
Este libro trata de: Alimentación - Países

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.