mércores, 21 de agosto de 2013

O caracol sen sol - LITERATURA INFANTIL


O caracol sen sol
Autor: Uhía, Manolo 
Ilustrador: Uhía, Manolo
Editorial: Everest Galicia
Colección: Rañaceos

Idade recomendada: +6 anos

Que ocorrería se o sol non espertase ao chegar a primavera?

O caracol e o grilo andan moi preocupados porque este ano ao sol parece que se lle esqueceu a hora de derreter a neve dos cumios das montañas, de iluminar as flores, de quentar a terra. A única solución será organizarse e, entre todos, ir á procura deste sol preguiceiro que tanto está alterando a vida da fraga.

Da mesma maneira que esta historia nace para propiciar unha lectura compartida; nace unha lectura nova, aquela na que o adulto vai guiando o camiñar por un texto e por un tratamento plástico esixentes, pero perfectamente comprensibles e asimilables nesa lectura compartida, conversada.

Para pais que queren levar á casa non só un libro para que os fillos lean, senón para ler con eles.

Para aulas nas que a lectura é unha actividade tutelada.

Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao lector.

Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento.

Idioma: Galego
Nº páxinas: 48
Encadernación: Cartoné
ISBN: 978-84-403-0524-9

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.