venres, 9 de agosto de 2013

Kofu e Pipu - LITERATURA INFANTIL


Kofu e Pipu 
Autor: Lupe Loriga 
Ilustracións de Michel Casado 
Nova Galicia Edicións. Vigo, 2009 
Idade recomendada. + 6 anos 

Kofu, o neno de chocolate, xoga todas as tardes no parque cos seus amigos Luisiño e o can Pipu. Pero cando chega o verán Luisiño vai moi lonxe de vacacións e non pode levar a Pipu, que queda así só. Pero non abandonado, porque volve ao parque como cada día e como Luisiño non aparece nin está na casa, lévao Kofu para a súa casa, onde el a súa mai o coidaron moi ben. Cando regresou Luisiño, Pipu púxose moi contento e o rapaz chorou de alegría polo reencontro. Así, grazas á amizade de Kofu, o can estivera moi ben coidado.
As ilustracións do álbum en técnica figurativa buscan a comunicación directa co lectorado. A edición incorpora, ademais, actividades lúdicas de comprensión do texto. 
 
Idioma: Galego 
Páxinas: 32 
25 x 20 cm. 
Encadernación: Tapa dura 
ISBN 978-84-92590-43-8



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.