sábado, 10 de agosto de 2013

Kofu e o tempo libre - LITERATURA INFANTIL



Kofu e o tempo libre
Autor: Lupe Loriga
Ilustracións de Michel Casado
Idade recomendada: + 6 anos

Tratamos ben ás nosas mascotas? Tamén cando nos molestan? Esta historia trata en profundidade o abandono dos animais pero dun xeito sinxelo para que os rapaces a entendan. Non xulga senón que amosa actitudes positivas baseadas no amor e o respecto aos animais.

Cando comezaron as vacacións, Ana estaba moi ilusionada porque ía poder xogar moito máis coas súas bonecas, pero non pasara unha semana e xa estaba aburrida. Para que se decate de que pode facer moitas cousas ao non ter que ir ao colexio, a mai cóntalle unha historia: despois de recoller o seu cuarto, Kofu aproveita as vacacións para ir á piscina, xogar ao fútbol ou patinar, mentres que o seu amigo Luisiño pasa as tardes no parque e xa se aburre de facer sempre o mesmo. Ata que Kofu o convence de que vaia con el e aproveite o lecer para divertirse de moitas maneiras. Entón Ana comprendeu que podía facer moitas cousas no verán e pasalo moi ben. 

As ilustracións do álbum en técnica figurativa buscan a comunicación directa co lectorado. A edición incorpora, ademais, actividades lúdicas de comprensión do texto. 
 
Idioma: Galego
Páxinas: 32
25 x 20 cm.
Encadernación: Tapa dura
 ISBN: 978-84-92590-43-8

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.