domingo, 18 de agosto de 2013

ANIMAIS DE PAPEL - papiroflexia

ANIMAIS DE PAPEL papiroflexia 
Vicente Palacios 

Tódalas idades 

Todos podemos crear figuras sorprendentes. Hainas magníficas e de moi poucas pregaduras. 

As figuras estritamente xeométricas fascinan a miúdo pola súa perfección, pero poden resultar frías. 

Se deixamos voar a imaxinación, conseguiremos resultados de maior atractivo e personalidade. 

Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na memoria, para despois sorprender os amigos e as amigas nas máis diversas ocasións. 

"Cultivada esta arte durante unha sobremesa, mentres se pensa en tantas cousas vagas...! é algo inefable", escribiu Don Ramón Gómez de la Serna. 

Desde entón, a afección estivo en continuo avance, seica máis que calquera outra, ao ir en aumento o número de entusiastas cultivadores. 

As figuras de animais, cando resutan logradas como vemos neste libro, alcanzan un éxito seguro. Falta só que o habilidoso lector as pregue con esmero, atopando para cada paso o papel que considere máis adecuado, e que trate de superalas se se ve con arrestos suficientes. 
 
Nº de páxinas: 55 
Língua: GALEGO 
Encadernación: Tapa dura 
ISBN: 978-84-92630-17-2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.