domingo, 7 de xullo de 2013

Textos premiados no IX Certame Literario do Concello de Ames


IX Certame Literario
Concello de Ames
Textos premiados na edición do ano 2012
Edita: Concello de Ames
D.L.: C 588-2013
Nº páx.: 126

Este libro editado polo Concello de Ames reúne os textos premiados na edición do ano 2012 do IX Certamen Literario Concello de Ames.
O xurado do certame estivo composto por Charo Pita (escritora e actriz), Xosé Antonio López Silva (escritor e investigador), Teresa Noya (profesora) e Rosa Moreiras (técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ames); e os premiados foron os seguintes:
NARRATIVA
Primeira Categoría (ata os 13 anos)
1º premio: "O jazz dos soños", da amiense Carmela Vieites Figueiras (Athenea).
2º premio: "O duende da carballeira", do vigués Fiz Pazos González (Pingüín).
3º premio: "A fabulosa aventura de Perico", do vigués Mario Goberna Rial (Hpo Lito).

Segunda Categoría (dos 14 aos 18 anos)
1º premio: "Uno entre un milón", do amiense Xaime Santiago Subiela (Soldadiño).
2º premio: "Onde está Wally?", de Sara Azidane Chenlo (Wally), de Pontecesures
3º premio: "Huérfano", de Aroa Otero Miguéns (Sudoku), de Rois.

Terceira Categoría (maiores de 18 anos)
1º premio: "O alcalde e a morte", da ribeirense Maruxa Martínez (Vermeazul).
2º premio: "Miranda e os peixes", do noiés Ismael Ramos (Acuarios).
3º premio: "A morte de Luís Silva", de Alberto Sierra Hevia (Felix Muriel), de Rianxo.

POESÍA
Primeira Categoría (ata os 13 anos)
1º premio: "Gustaríame", da teense Claudia Quintáns Vinke (Esmeralda).
2º premio: "O lume en Galicia", de Xián Pazos González (Axio), de Vigo.
3º premio: "Divertirse", da viguesa Lara Castro Taboada (Pipo).

Segunda Categoría (dos 14 aos 18 anos) 
1º premio: "No intre agre do café", para Marcela Porto Mato (Crocoíta), da Estrada.
2º premio: "Vestixio", de Afonso Francisco Traficante Fernández (Miguel Pitti), de Ordes.
3º premio: "Autodestruírnos", da compostelana Helena Salgueiro Golán (Mafalda).

Terceira Categoría (maiores de 18 anos)
1º premio: "Epitalamio das cebolas" do amiense Carlos Callón Torres (Pasaxeiro en tránsito).
2º premio: "Sen título", de Xullo Cid Neira (Álvaro Guedes), de Ames.
3º premio: "En vida, morta" de Rocío Leira Castro (Landra), de Cee.
Este verán le e goza da narrativa e poesía galega.
Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.