xoves, 18 de xullo de 2013

RECOMÉNDANOS OS TEUS LIBROS


Coa intención de facer do noso Blog e do Facebook de BIBLIOPAZOS un espazo no que caibamos todos e todo, gustaríanos que colaborásedes connosco falándonos deses libros que vos impactaron, os que reledes a miúdo, ou mesmo os que vos pareceron tan complicados ou complexos que vos fixeron desistir na súa lectura. Cales son eses cinco libros que recomendariades a alguén interesado? 

Cabe todo tipo de lectura: xuvenil, infantil, novela histórica, cómic, poesía, de amor, de medo, de suspense... este ano saíron moitos libros que obtiveron un grande éxito de vendas, ademais doutros moitos que non pasaron indiferentes. 

Pero a vós que libros vos gustaron máis?

Preferides ler á vella usanza utilizando o papel ou xa vos pasastes ao libro electrónico? 

Animarvos e colaborar para conseguir que todos poidamos coñecer ese libro que esperamos que chegue algún día e que aínda non atopamos...


BIBLIOPAZOS abre este foro de opinión para que nos contes cales foron os libros que che cambiaron a vida, os que che axudaron en momentos difíciles, os que che acompañaron en momentos de soidade, os que che fixeron unha mellor persoa, ou aqueles que simplemente foron moi divertidos.

O obxectivo é crear unha base de datos ou un listado para saber que libros mercar para a biblioteca cando se teña diñeiro para iso. De momento o equipo da biblioteca queremos agradecer á xente que nos envíe suxestións e comentarios e ademais anunciar aos usuarios que tamén nos poden recomendar os seus libros escribíndonos unha mensaxe á dirección de correo electrónico da biblioteca: biblioteca@pazosdeborben.org 

Recordade que tamén nos podedes facer chegar as suxestións e comentarios a través do noso Blog BIBLIOPAZOS ou do Facebook.

Axúdanos a mellorar, colabora connosco.

Grazas pola túa colaboración.

1 comentario:

  1. A min gustoume moito o libro "Los árabes: historia, civilización y cultura" de Gustave Le Bon

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.