luns, 8 de xullo de 2013

Os tres bandidos - LITERATURA INFANTIL

Os tres bandidos
Tomi Ungerer (ilustración)

Dolores Romay (traducción)
Kalakandra editora, setembro 2008

+ 5 anos

Asaltaban carruaxes e atemorizaban os seus pasaxeiros. Menos a unha nena orfa que non lles tivo medo.

Un clásico de sempre, sobre a bondade de corazón. Este libro transmítenos emocións que van dende o medo á tenrura. Os bandidos deste conto non coñecen outro mundo que non sexa o de roubar e asustar á xente. A irrupción nas súas vidas dunha nena orfa faralles cambiar de rumbo, ao comprender que coas riquezas que tiñan acumulado poden axudar a outros nenos necesitados.

Cunha versión fiel á orixinal en alemán publicada nos anos 60, KALANDRAKA pon en valor esta obra coa que creceron moitas xeracións de nenos no noso, cativados pola historia destes peculiares personaxes, excelentemente caracterizados cos seus orixinais atuendos e o seu atípico instrumental para cometer trasnadas. O relato destaca plo seu carácter descriptivo, pola orde narrativa coa que transcorren as accións, pola sinxeleza coa que Tomi Ungerer guía ao lector páxina a páxina. Á comprensión da historia axudan en gran medida as ilustracións: o contraste cromático, a expresividade en cada escea e o aspecto enigmático que caracteriza aos bandidos son os elementos máis significativos.

A II Guerra Mundial marcou a vida de Tomi Ungerer dende a súa nenez e o rexeitamento aos conflictos bélicos estivo presente en gran parte da súa obra. A súa produción editorial, que abarca 40 anos de creación artística, calcúlase entre 30.000 e 40.000 debuxos dos máis variados estilos e máis de 120 libros. Polo seu traballo recibiu premios como a Medalla de Ouro da Sociedade de Ilustradores ou o Premio Hans Christian Andersen, en 1998.

ISBN: 978-84-8464-620-4
48 Páx.
20 x 28 cm.

 Video en castelán


 Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.