martes, 23 de xullo de 2013

Olladas - LITERATURA INFANTIL


Olladas
Autor e ilustracións: Dieter Wiesmüller 
Tradución: Eva Almazán 

Idade recomendada: + 7 anos 

A lebre, o bufo, a ra, o parrulo, o lagarto, o raposo, o rato, a cegoña, o león, a avestruz e o leopardo ofrécenche os seus ollos para que descubras o seu ámbito, os seus costumes, os seus sons, os seus segredos e os seus medos. 

Dieter Wiesmüller fascina ao lector de calquera idade non só polas súas cegadoras ilustracións senón tamén por un texto suxestivo, atractivo, elegante e en moitas ocasións poético, no que non sobra nin unha palabra. Pinceladas, formas, cores, palabras e ideas danzan en harmoniosa e alegre sintonía para regalar a quen se achegue a este álbum unha experiencia estética e literaria sublime. O lector non só asómase aos escenarios do libro e coñece os seus habitantes, senón que á vez é observado, con intensidade e respecto, por uns animais que o invitan a adoptar a súa perspectiva visual e vital e a acompañalos ao seu hábitat. 

Así empeza 

O mundo está cheo de sorpresas.
Sempre hai algo que descubrir,
onde queira que vivas.
Nin por unb momento estás só:
ben na vila ou ben na aldea,
na fraga ou no lago,
na sabana ou na selva,
polo día ou pola noite...
só tes que mirar ao teu redor. 

Este libro trata de: Animais - Natureza - Adiviñanzas 

Año: 2008
Nº páx.: 36
ISBN: 978-84-96388-78-9


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.