venres, 5 de xullo de 2013

FESTAS EN MOSCOSO

Ola amigas e amigos de BIBLIOPAZOS,

Hoxe empezan as festas na parroquia de MOSCOSO na honra de San Pelaio, A Nosa Señora dos Remedios e Nosa Señora do Carmen.

Ahí vai o o programa de festas.

Venres 5 de xullo:

22:30 horas - Verbena coa actuación das orquestras CIUDAD CRISTAL e ACORDES.

Sábado 6 de xullo:

09,30 h. - Chegada dos santos de Xunqueiras e de Calvos para atoparse cos de Moscoso.

12,30 h. – Misa solemne con procesión de todos os santos e a continuación concerto da Banda de Música de Guláns.

Pola noite – Verbena coas orquestras MARAZUL e SOLAMÉRICA.

Domingo 7 de xullo:

12,30 h. – Misa solemne con procesión acompañada da Banda de Gaitas CORIBANTES. Ao finalizar a procesión haberá concerto da Banda de Gaitas.

Pola noite – Verbena amenizada polos grupos NUVES e ALVEIN.


Dende BIBLIOPAZOS vos animamos a acudir esta fin de semana a Moscoso e desexámoslles a todos os veciños da parroquia e aos visitantes unhas moi felices festas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.