mércores, 3 de xullo de 2013

A noite das mudanzas - LITERATURA INFANTIL

A noite das mudanzas 
Texto de Pep Bruno
Ilustracións de Lucie Müllerová 
Tradución do castelán de Marisa Núñez 
OQO Editora, marzo 2008

+ de 3 anos 

Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou…

Os máis pequenos senten unha curiosidade innata polos animais e polas súas características. Se a isto engadimos, o pensamento animista, segundo o cal, as crianzas, mediante un mecanismo de analoxía, lles atribúen aos animais a capacidade de pensar, actuar ou falar como os humanos, velaí a explicación do éxito dos contos de animais entre os cativos.

Con este álbum, os nenos achéganse aos animais da granxa dunha maneira distinta e divertida. Cunha proposta de texto sinxela, mais lúdica e imaxinativa, o álbum apóiase na complicidade da imaxe e na súa intensidade narrativa para provocar nos lectores a curiosidade, a sorpresa e, finalmente, o sorriso. Un libro para que adiviñen o que vai pasar, para que recorden o que hai detrás de cada páxina, e para que descubran ata onde pode chegar a imaxinación exaltada dos animais nunha noite de mudanzas.

A ilustradora checa Lucie Müllerová, a partir do seu orixinal e particular imaxinario creativo compón simpáticos personaxes de animais, e cada un deles cunha personalidade propia, o que reforza aínda máis o efecto humorístico do texto. 

978-84-9871-032-8 
40 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm


Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.