2º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"

2º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"
3, 10, 17 e 21 de Novembro de 2017 / Auditorio do Concello

martes, 11 de xuño de 2013

Soidades - LITERATURA INFANTIL

Soidades
Texto de Neus Moscada
Ilustracións de Chiara Fatti
Tradución do castelán de Paco Liván
Maio 2008 
+ de 8 anos 
 
Hai momentos nos que me gusta estar soa, porque só estando soa oio como as pingas de auga deciden o mellor instante para se lanzaren desde as nubes, e só así podo cheirar o verde do campo… 
 
A protagonista desta historia fala en primeira persoa e ao paso que nos guía polas súas percepcións, cóntanos os seus sentimentos. Por momentos, comprendémolos e somos cómplices da súa intimidade, desa sensación de liberdade que a invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar coas libélulas, contarlle segredos á lúa, escoitar a música do silencio… 
 
A miúdo se asocia a soidade con sentimentos negativos, mais resulta un concepto complexo de explicar, xa que este estado posúe valores ben diferentes: tristeza, abandono, perda; máis tamén tranquilidade, satisfacción, benestar, creación… 
 
Podemos considerar a soidade, un problema cando non a eliximos, non sabemos convivir con ela, ou saír dela; pero tamén pode ser unha experiencia necesaria, unha oportunidade para coñecernos a nós mesmos, os nosos pensamentos, os nosos soños… 
 
Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en soño, en cor, en diálogo coa natureza… Nesta orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cunha inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e a cor se reserva para os fondos. En resumo, un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións. Para un público sen idade.
 
978-84-9871-053-3
40 páxs.
Cartoné
15 x 20 cm
 
Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger