xoves, 27 de xuño de 2013

A sopa queima - LITERATURA INFANTIL

A sopa queima
Texto de Pablo Albo
Ilustracións de André Letria
Tradución do castelán de Antón Fortes
OQO editora, xullo 2009
+ de 3 anos 

— A sopa queima, mamá!
Entón a nai díxolle
o que sempre din as nais:
— Pois sopra, filla, sopra.
 

No día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles parecen insuperables, aínda cando para os adultos só se trate de cousas sen importancia; neste caso, a sopa a unha temperatura imposible.

Superar eses retos forma parte dun natural proceso de aprendizaxe e de crecemento, onde a imaxinación se converte no máis valioso recurso do que dispón un neno, como suxire Pablo Albo nesta historia enriquecida coas expresivas imaxes de André Letria.

O ilustrador portugués emprega os acrílicos sobre papel, e unha tras outra enfía imaxes, nas que hai que destacar sobre todo o uso dos primeirísimos planos e o poderoso cromatismo. Á parte disto, tamén resulta característico da súa proposta figurativa o predominio dos fondos planos.

978-84-9871-161-5 
36 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm
xullo 2009


Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.