sábado, 11 de maio de 2013

Martiño, o carteiro porquiño - LITERATURA INFANTIL

Martiño, o carteiro porquiño
Mau (Autor/a)
Pin (Ilustrador/a)
Colección Polo correo do vento.
Editorial Xerais, 1ª edición, outubro 2009

Martiño, o carteiro porquiño, está protagonizado por algúns dos animais domésticos e de granxa (o porco, o can, a gata, o boi, a ovella, …), presentando algúns personaxes da Galicia medieval (Martín Codax, Mendiño, María Balteira…) e a localización dalgúns dos nosos castelos e fortalezas medievais. 

Martiño, o carteiro porquiño, leva cartas de diferentes animais domésticos ou de granxa (coello, cadelo, papagaio, pavo ou burro) aos seus amigos (avestruz, can, boi, capón, ovella, gata, cabra, parrulo ou cabalo) que viven en diferentes castelos ou fortalezas de Galicia (castelos de Vilasobroso, Soutomaior, Vimianzo, Pambre ou Ribadavia ademais da Torre dous Andrade, a de Vilalba ou as do Oeste). Todos eles, ademais, teñen nomes de personaxes da historia medieval galega (Mestre Mateo, Martín Códax, Raíña Lupa, Roi Xordo, Gómez Chariño, Joan Airas, Mago Merliño, Rei Dinís ou María Balteira). 

Con texto breve e rimado, ilustracións de trazos limpos dos animais, ademais dunha fotografía de cada espazo, o libro complétase cunha parte didáctica que inclúe preguntas de comprensión lectora, así como cuestións e pasatempos sobre os mundos dos animais retratados, que ademais se reproducen na última páxina como proposta de actividade para colorear. 

Fonte: Xerais e BLIX 

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.