sábado, 11 de maio de 2013

Convocan axudas para a dinamización tecnolóxica do rural galego

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 546.000 euros aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das TIC durante 2013. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas subvencións, co financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 e que son xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Estas axudas están destinadas á implantación de hardware e software, para que as microempresas aproveiten as TIC xunto co acceso á Internet de calidade, no seu proceso de negocio. Estas subvencións enmárcanse no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para coordinar as actuacións no ámbito do Plan de Banda Larga de Galicia.

As axudas poden chegar ata un máximo do 50% dos investimentos subvencionables ata un tope de 30.000 euros de subvención por beneficiario, sendo 4.000 euros o investimento mínimo esixido. Poderán solicitar estas axudas as microempresas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas, con domicilio e alta fiscal para a súa actividade económica en Galicia e radicadas no rural galego (todo o territorio da Comunidade Autónoma, agás as zonas incluídas nos perímetros urbanos das sete grandes cidades). 


martes 7 de maio do 2013, por Redacción 
Fuente: Código Cero 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.