venres, 10 de maio de 2013

Carola, a carteira centola - LITERATURA INFANTIL

Carola, a carteira centola
Mau (Autor/a)
Pin (Ilustrador/a) 

Editorial Xerais, 1ª ed., outubro 2009

Carola, a carteira centola, está protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón…), abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega. 

Carola, a carteira centola, leva cartas dos amigos (lagosta, ostra, ourizo, nécora, lapa ou mexillón) a diferentes mariscos (lagostino, vieira, camarón, berberecho, percebe, cangrexo, boi de mar ou lumbrigante) que viven en diferentes faros de Galicia (cabo Silleiro, cabo Home, Illa de Arousa, Fisterra, Touriñán, Torre de Hércules, Estaca de Bares, Roncadoira ou Ribadeo). Todos eles, ademais, teñen en común a afección á música: tocan instrumentos como o bandoneón, a guitarra, a pandeireta, a zanfoña... ou gústalles bailar ou cantar.

Con texto breve e rimado, ilustracións de trazos limpos dos animais, ademais dunha fotografía de cada espazo, o libro complétase cunha parte didáctica que inclúe preguntas de comprensión lectora, así como cuestións e pasatempos sobre os mundos dos animais retratados, que ademais se reproducen na última páxina como proposta de actividade para colorear.

Fonte: Xerais e BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.