martes, 7 de maio de 2013

Banda deseñada "Bieito Fendeferro - OS TAXIS VERMELLOS"

Os taxis vermellos (Les Taxis rouges en lingua francesa) é a primeira historia de banda deseñada da serie do personaxe Bieito Fendeferro, creada por Peyo. Apareceu co título de Benoît Brisefer en 1960, entre os números 1183 e 1224 da revista Spirou, e foi publicada como álbum en 1962. 

Foi traducido ao galego por Miguel Vázquez Freire, e publicado por Editorial Casals en outubro de 1991. 
Bieito Fendeferro é un rapaz moi educado e estudoso que vive en Vila Ledicia. Na cidade aparece unha nova compañía de taxis, que amolan ao seu amigo o taxista Caetano. Investigando, Bieito descobre que a compañía é unha tapadeira do señor Polónez para roubar os bancos e mais as xoierías da vila. Caetano e Bieito son secuestrados e levados a unha illa deserta, pero Bieito logra escapar nunha barca, e tras desembarcar en Portugal, volve correndo á súa vila para avisar á policía.


Núm. pax.: 62 
ISBN: 84-218-1182-7

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.