domingo, 14 de abril de 2013

Restaurante Farruco - LITERATURA INFANTIL

Restaurante Farruco
Chus Pereiro
Ilustracións de Xan López Domínguez
Col. Merlín, 191. Edicións Xerais. Vigo, 2009
A partir de 9 anos 

No Restaurante Farruco entran un home e unha muller para celebrar o aniversario del. Como teñen poucos cartos piden para comer un caramuxo, sen pan nin viño. E tamén vai xantar o Rei. Como é rico, pide auga e un polo, aínda que de momento está no ovo que trae a galiña, que, vista a situación, lisca. Ofrécenlle a cambio churrasco de vaca, que resulta ser dunha vaca mansiña que vén camiñando ata o restaurante, polo que o Rei rexéitaa pois aínda está crúa. Será mellor, logo, que coma tres chocos, pero estes, ante a perspectiva de seren comidos, emborrállanlle a cara con tinta ao monarca. Decide, entón, aceptar a proposta de comer un chourizo, mais cando entra o corricho todo enfadado pola escolla, para calmalo convídao o Rei á súa corte. E como finalmente aparece unha mosca de sopa encabuxada, marchan todos sen comer, pero pagando ben.

Peza de teatro de acto único, escrita en verso divertido e áxil.

64 páx.
19 x 14 cm.
ISBN  978-84-9914-005-6
Fonte: BLIX 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.