martes, 16 de abril de 2013

Palabras Brancas - LITERATURA INFANTIL

Palabras brancas
Elvira Riveiro Tobío
Ilustracións de Fino Lorenzo
Col. Merlín, 180. Edicións Xerais. Vigo, 2008
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2008
A partir de 9 anos 

Conxunto de 27 poemas agrupados en seis apartados:

As palabras: afanada para cadrar as palabras, clama basta ás palabras amargas, grazas ás palabras plantadas nas landas da paz; Ana Manana, a madama da poza, atrapa as almas; manda cartas cara ás mans afastadas, cara ás mans aladas van as cartas amadas; na baba traba-lava a balada da lava canta; agasalla a Ana palabras francas para abrazar, amasar, xantar... para danzar as palabras.

A chavalada: danza carnaval na praza; a rapaza fala á araña, á vaca, á lagarta...; Sara agacha ámbar na cara; nas mans, lavanda; fala da alba, a alta dama.

As lambadas: das palabras das magas (abracadabra, abraxas, abrapalabra); mamá chama á chavalada para xantar tanta lapada; da carta afamada para comer na Cabana.

As andanzas: a barca pasa afastada cal Sahara das caravanas; a catarata avanza palabra a palabra; para mapa natal: Trabada, Carral, Zas, Chantada...; na amada Samarkanda as gatas cantaban baladas tras as varandas; a paz afoga calada na grande Bagdad.

A manda: a gata branca Natacha á cal Brandán, can parvos, ladra, agárraa das patas, ata a chamada para casa do ama; a cabra Malandra xa salta tras a campa, xa nas claras mañás danza chachachá; marchan a garza, a fada, a porca, a cordeira... cantas van coa vaca para Cangas?

Amálgama rara: ondas bravas, mans salgadas, vagar das barcas... no mar para amar; papá pasa o ferro ás sabas, mamá colle as laranxas... xa rematan cal camaradas: abrazan; na praza, algarada: da cantata da campá, da bala da arma canalla; das mañás raras, calmas cal zamarra branca, na varanda, tal chanclas pardas; rematan as badaladas: cantan, cabalgan cabalgatas, xa Nadal acampa nas casas, nas camas, nos bandullos...

Como un desafío creativo, o recurso á A como único vogal permítelle á autora sorprender o lector cunha poética lúdica en absoluto exenta de profundidade temática. A rima e un amplo abano de recursos fónicos (aliteracións, onomatopeas, palíndromos ou paralelismos) combinados con estruturas encadeadas ou acumulativas conseguen transmitir sensacións e emocións que van máis alá da frescura da proposta, brillantemente resolta. 

80 páx.
19 x 13,5 cm.
ISBN 978-84-9782-727-0

Fonte: BLIX
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.