luns, 8 de abril de 2013

Mar adiante - LITERATURA INFANTIL

Mar adiante
María Victoria Moreno
Ilustracións de Manolo Uhía
Col. Merlín, 193. Edicións Xerais. Vigo, 2009
Primeira edición nesta colección con novas ilustracións
A partir dos 9 anos 

Unha mestra dun colexio importante contoulles un día aos seus compañeiros que viña de dar clases nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os nenos a coñezan.

Sabemos entón de Miguel, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara os nenos con tiralos ao mar cos libros ao colo se non sabían a táboa do sete. E púxoo tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira anciá e cariñosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e a mestra.

No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos novos náufragos aos que o patrón rico non quixo axudar, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que pretendían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro, que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre. 

88 páx.
20 x 11 cm.
ISBN 978-84-9914-007-0

Fonte: BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.