xoves, 11 de abril de 2013

Leocadio, o león - LITERATURA INFANTIL

Leocadio, o león
Oli
Ilustracións de Teresa Novoa
Col. Merlín, 195. Edicións Xerais. Vigo, 2009
A partir de 7 anos 

O novo león Leocadio pertencía a unha nobre familia de hábiles cazadores. A el gustáballe saltar coas cebras, os antílopes e as gacelas, e xogar cos nenos da tribo, deixándolles que lle tirasen da melena e dos bigotes. As súas irmás, como é natural, xogaban a pelexar, mais el non quería aprender a cazar, polo que os tigres e as hienas ríanse del. Era, en fin, unha vergonza para a familia.

Considerando que a necesidade faría que aprendese a ser cazador, deixárono os pais alén das montañas. Así tería que conseguir o sustento. Cando se viu só, Leocadio botouse a camiñar sen rumbo. Atopou un vello elefante sen memoria, cebras que fuxiron del, jirafas -coas que non falou porque o miraban por encima do ombreiro- e unha tenda de campaña. Nela estaban un home e unha muller, aos que lles contou que os outros animais ríanse del. Déronlle para comer e propuxéronlle que se marchase con eles para o seu rancho de América. E así foi: embarcou para a casa dos Mayer, onde viviu feliz. Pero ás veces sentía nostalxia, cando acudían a el os recordos de África, polo que os Mayer enviaron a un camarógrafo, que gravou nunha película os antílopes, leóns, etc.

Tanto se afeccionou ao cine, quixo ser actor. Para satisfacerlle o gusto, á señora Mayer ocorréuselle gravalo. Por iso desde entón Leocadio abre moitas películas. 

64 páx.
19 x 14 cm.
ISBN 978-84-9914-009-4 
Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.