martes, 30 de abril de 2013

E Xoel aprendeu a voar - LITERATURA INFANTIL

E Xoel aprendeu a voar
Marica Campo
Ilustración de cuberta Noemi López Vázquez
Col. Infantil-Xuvenil.
Serie Azul. Alfaguara / Obradoiro. Santiago de Compostela, 2009
A partir de 12 anos 

Xoel, un apoucado neno de trece anos que bota a maior parte do seu lecer ante a pantalla do computador ou xogando aos videoxogos, recibe o día de Noiteboa unha misteriosa mensaxe, asinada co alcume de Merlo Branco, instándoo a deixar de ser abúlico e comezar a voar, a vivir aventuras de verdade e non virtuais. Nas seguintes, os retos de atopar un merlo branco, descubrir enigmas na Coruña ou Friol ou o significado da figa fan que se mobilice e cambie a súa maneira de estar no mundo por outra máis decidida a enfrontar a realidade.

Ademais, o seu cariño pola amiga Eunice e a problemática do avó, coa casa do outeiro que lle queren expropiar, a construción dun motoveleiro e o segredo familiar de terse vido coa filla dende os Estados Unidos facéndolle crer a esta que era viúvo, conforman un relato que mantén o lector intrigado ata a resolución das varias incógnitas.

184 páx.
20 x 12 cm.
ISBN 978-84-8224-891-2 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.