sábado, 27 de abril de 2013

A pousada do sétimo día - LITERATURA XUVENIL

A pousada do sétimo día
Juan Farias Díaz-Noriega
Ilustrador: Xosé Cobas Gómez
Traductor: Xavier Senín Fernández
Colección: Punto de encontro
Ed. Everest Galicia
Literatura Xuvenil 

Esta pousada, situada nos bosques galegos, é un lugar de encontro deste mundo e do outro. Un bo lugar para pasar un anaco máxico.

Resumo 
Unha pantasmagórica pousada, chea de almas en pena condeadas a vagar para expiar a súas culpas, aparece no bosque cada 25 de xullo dos anos xacobeos. Pódese sentir a maxia da Galicia rural neste delicioso libro de tons poéticos.

A pousada de Suso aparece nun claro do bosque de cada 25 de xullo dos anos Xacobeos. Os seus moradores son almas en pena que foron condeadas polo santo a vagar e purgar así as súas culpas. O autor convídanos a entrar nese universo máxico que é a Galicia rural, desde o que logra transmitirnos todo un torrente de sensacións. A súa lectura, en soedade ou en compaña, resulta sempre agradable. Unha historia extraordinaria, unha linguaxe sinxela que mestura o popular e o poético e unhas coidadas ilustracións forman este delicioso e sinxelo libro que seducirá ó lector. 

Nº páx.: 125
ISBN: 84-403-0385-8

Xénero: Novelas
Tema:
Fantasía
Personaxes:
Personaxes sobrenaturais - Espíritos
Este libro trata de:
Comunidades autónomas - Vida rural - Encantamentos - Galicia - Camiño de Santiago


FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.