xoves, 7 de marzo de 2013

WordPress 3.5 estrea tradución ao galego


O popular xestor de contidos WordPress estreou hai pouco máis dun mes a súa versión 3.5, achegando numerosas novidades importantes como unha renovación importante do sistema de subida de fotografías e creación de galerías, así como a incorporación dun novo molde predeterminado (Twenty Twelve) que conta cun deseño moi limpo e optimizado para dispositivos móbiles que pode funcionar como base para moitos espazos web e a mellora no panel de control de WordPress, que agora aproveita a resolución adicional de pantallas Retina para amosar unhas iconas mellor definidas. Agora, todas estas melloras están xa dispoñibles tamén en galego, grazas ao traballo de voluntarios, como é habitual neste tipo de proxectos abertos á colaboración.

JPEG - 108.6 KB
A xestión de galerías é máis áxil na nova versión de WordPress
Outras novidades a destacar en WordPress 3.5 poden ser que as novas instalacións carecerán de xeito predeterminado do xestor de ligazóns, pois entenden que este tipo de elemento carece de sentido na web actual; unha nova páxina de benvida no menú de administración; unha nova tipografía Open Sans; mellor soporte de elementos incrustables (para facilitar a publicación de contidos de servizos como SlideShare.net e Instagram.com); e incluso a actualización das API TinyMCE, jQuery, jQuery UI, jCrop e SimplePie.

 
Vídeo de presentación da nova versión de WordPress

mércores 16 de xaneiro do 2013, por Marcus Fernández

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.