martes, 26 de marzo de 2013

Valdelobos - LITERATURA XUVENIL

Valdelobos
Carlos Laredo
Col. Catavento, 28. Ed. Tambre. Vigo, 2009
Literatura Xuvenil – Narrativa

Álex(andre), un rapaz de quince anos que vive en Santiago de Compostela, ve no telexornal a nova de que uns lobos atacaron a dous poldros na aldea de Valdelobos, na Costa da Morte, e como o seu pai ten un vello amigo madereiro (Pepe Neira) alí, vai pasar uns días de verán á casa deste. Ten un fillo da súa idade, Chente, o único rapaz do lugar, co que se dedica a pasear os arredores en bicicleta

Un día que estaba só, sen Chente, que fora ao médico, metinme no prado dun veciño ruín, o Bouzas, que ceibou un touro que me quería atacar e refuxieime nun castiñeiro, e logo axudoume a lavar as feridas no río Lía, a única rapaza da aldea (ten 14 anos). O pai deixounos ir (aos tres) de acampada ao monte desde o xoves ata o domingo, con can León. Instalámonos nun dolmen. Chente co tirapedras matou un coello que pretendía utilizar como cebo para os lobos, pero comeuno o can na noite. Chente e Lía viron unha gorida de lobos, e eu vin que había un lume e un home de viseira vermella corría dun lado para outro. Na lobeira, vimos un cachorro sen dentes, que quixen levar para evitar que morrese. Os gardas preguntáronme polo lume e asediáronme a preguntas cando lles dixen que vira un home correr. Morreu o cachorro de lobo... Lía conta da súa avoa e dunha muller loba da xente por maldición familiar. E Chente conta dos costumes dos lobos... Ás 8 da mañá do domingo espertounos León: andaba por alí o home de viseira vermella (duns corenta anos) que vira eu correr pola devasa cando o lume; previunos que andásemos con coidado pois estabamos nun couto de caza. Contámosllo a Neira, que dixo que era o Chedas, o xenro do Bouzas, e un pouco raro. A garda civil volveume interrogar, e eu díxenlles que non me iría de alí ata que vise un lobo.

Apareceu morto León,e eu empeñado en que fora Chedas e eu provocalo para que confesase - vírao cos prismáticos cando o lume . Volvemos ir o sábado de acampada visitar a trampa para os lobos: case medio km de pedras e un foxo (...115). Vimos un xabaril morto e armamos unha cavidade un marco de pedra para protexernos e durmir. Eu quedei vixiando ata que me quedeui durmido. E pola mañá case non quedaba nada do xabaril, comesto polos lobos. Lía vira dous cans, seica... nos montes do Pindo - unha semana máis, a última de xullo - noite de treboada - empeñado en velos -opinións dispares no bar - o chedas armaba trampas contra os animais salvaxes - derradeira acampada, o venres - lía e chente din que se ven todos os días - chente matou dous coellos - refuxio (o de antes) con toxos.

164 páx.
22 x 13 cm.
ISBN 978-84-92404-64-3

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.