mércores, 6 de marzo de 2013

Poemas con piruleta - LITERATURA INFANTIL

Poemas con piruleta
Carlos Fontes
Ilustracións de Leandro Lamas
Col. Tartaruga, 7.
Ed. Galaxia. Vigo, 2009
De 0 a 4 anos - prelectura e preescritura

Conxunto de dez poemas cun ritmo áxil marcado pola presenza de paralelismos estruturais e recursos retóricos de repetición fónica que combinan a aprendizaxe co xogo lírico. As notas do solfexo, as cores e o mundo, a estación do tren, as árbores froiteiras, a maxia das vogais, unha astronauta que cada día da semana visita un planeta diferente, as crías de animais contadas en orde descendente dende o número dez, os meses coas súas facianas máis lúdicas, Galicia xogando nas súas principais cidades e os peixes, os amigos do mar, son os eixos temáticos e guías tamén para a aprendizaxe.

O colorismo do traballo pictórico que ilustra os poemas crea unha atmosfera visual directa moi atinada para o lectorado ao que o texto se dirixe.

24 p. - 16x19 cm.
ISBN    978-84-9865-170-6

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.