martes, 19 de marzo de 2013

Colección Gazafellos - LITERATURA INFANTIL

A COLECCIÓN GAZAFELLOS é unha colección de DANU EDITORIAL composta dunha selección de contos de importantes escritores en formato 15 x15 cm. e 22 páx. por libriño, dirixidos a tódolos públicos e fáciles de ler, e moi interesantes para todos aqueles lectores de máis de 9 anos en adiante.


Os autores que podes atopar nesta colección, xa consagrados da literatura mundial, son:

-Antón Chejov: a súa orixinalidade consiste no uso da técnica do monólogo, adoptada mais tarde por James Joyce e outros escritores do modernismo anglosaxón, ademais do rexeitamento da finalidade moral presente na estrutura das obras tradicionais. Non lle preocupaban as dificultades que isto plantexaba ao lector, xa que consideraba que o papel do artista é realizar preguntas, non respondelas.

-Voltaire: É unha figura clave na historia do pensamento, xa que rexeitou o irracional e animou aos seus contemporáneos a loitar contra a intolerancia, a tiranía e a superstición. A súa moral basease na liberdade de pensamento e o respecto a todos os individuos.

-Víctor Hugo: Poeta e novelista, é considerado un dos mais importantes escritores románticos en francés, pai da novela social. Denunciou constantemente a segregación social e as desigualdades. Nos seus contos atopamos a súa filosofía humana e social.

-Gibran Jalil Gibran: Foi un destacado poeta libanés. Asombrou ao mundo coa súa sensibilidade e misticismo, quen de expresar os impulsos mais profundas do corazón e da mente humana.

-Giovanni Boccaccio: É un dos grandes escritores de todos os tempos. Poeta e humanista italiano, destaca por unha destacada escrita, rompedora coa tradición literaria, e amosa, en plena idade media, ao ser humano como artífice do seu destino.

-León Tolstoi: É un dos máis grandes escritores rusos. Estableceu unha filosofía humanitaria de solidariedade entre os seres humanos. Os seus contos foron adoptados polas escolas rusas como textos de lectura.

Os títulos da colección dos que dispoñemos en BIBLIOPAZOS son os seguintes:

  1.- Bolita, de León Tolstoi.
  2.- Milton e Bolita, de León Tolstoi.
  3.- A morte dun funcionario, de Antón Chejov.
  4.- Pouquiña cousa, de Antón Chejov.
  5.- O Álbum, de Antón Chejov.
  6.- Os dous consolados de Voltaire.
  7.- A torre das ratas, de Víctor Hugo.
  8.- Unha cadela clara, de Antón Chejov.
  9.- Chist!, de Antón Chejov.
10.- O gato e o rato, de Gibran Jalil Gibran.
11.- As ras, de Gibran Jalil Gibran.
12.- Os tres aneis, de Giovanni Boccaccio.
13.- O neno maligno, de Antón Chejov.
14.- A obra de arte, de Antón Chejov.
15.- Historia dun bo brahmín, de Voltaire.
16.- Outra aventura de Bolita, de León Tolstoi.
17.- O ladrón de cogombros, de León Tolstoi.
18.- O incendio, de León Tolstoi.
19.- O vello cabalo, de León Tolstoi.
20.- Aprendendo a montar, de León Tolstoi.
21.- Bolita e o Xabaril, de León Tolstoi.
22.- Os faisáns, de León Tolstoi.
23.- A tartaruga, de León Tolstoi.
24.- Bolita e o lobo, e León Tolstoi.

Seguro que ides gozar coa súa lectura.

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAOS PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.