sábado, 16 de marzo de 2013

A aventura de oír, contar e ler - LITERATURA ADULTOS

A aventura de oír, contar e ler
VV.AA.
Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Dirección Xeral de Promoción Cultural.
Santiago de Compostela, 2002

Selección de materiais de transmisión oral, de procedencia diversa, que ten como obxectivo recordar un acervo cultural que cómpre seguir transmitindo aos máis novos. Estrutúrase en dous grandes apartados: lírico e narrativo. No primeiro, preséntanse cantigas e rimas infantís de sete tipos diferentes: arrolos ou cantigas de berce, xogos dos primeiros anos cos que a infancia toma conciencia do seu propio corpo; cancións e rimas de interrelación; invocacións, conxuros, burlas, disparates e mentiras; coplas e cantigas varias; adiviñas e refráns; e tres romances. O segundo dedícase á narrativa de transmisión oral. En concreto, ás fábulas, as lendas e os contos tradicionais.

A edición, non venal, forma parte dunha campaña de lectura para maiores que tiña como lema "Cóidate e le". Incorpora unha bibliografía final, a maneira de información sobre as fontes de recollida dos textos.

99 páxinas
21 x 14 cm. 

Fonte:BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.