venres, 8 de marzo de 2013

8 de Marzo - Dia Internacional da Muller Traballadora

Hoxe 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. É unha data que serve de pretexto para denunciar as carencias que todavía existen no camiño hacia a igualdade entre homes e mulleres, unha desigualdade que segue sendo patente en moitas partes do mundo. 

Dende BIBLIOPAZOS queremos denunciar estas desigualdades e facerlle unha homenaxe a tódalas mulleres neste día tan especial. 

Podedes ver o cartel e o vídeo oficial da campaña deste ano promovida pola Xunta de Galicia, un vídeo que atopei en Youtube que me pareceu moi interesante, a Historia do Día Internacional segundo información da ONU; e varios enlaces de interese con máis información.

Espero que sexan do voso agrado.

  



Historia do Día Internacional da Muller Traballadora

A muller é a compañeira do home, dotada coa mesma capacidade mental...
Si por forza enténdese poder moral, entón a muller é infinitamente superior ao home...
Si a non violencia é a lei do noso ser, o futuro está coas mulleres...
Mahatma Ghandi

Maimouna Kane (Senegal) ante la Conferencia el día de la inauguración.
La Conferencia Mundial del Decenio de las Naciones Unidas para la Mujer, Copenhague, julio de 1980. Foto de la ONU/Per Jacobsen
Introdución 

O Día Internacional da Muller (8 de marzo) é unha data que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidad" marcharon cara a Versalles para esixir o sufragio feminino.
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais. 


Cronoloxía 

1909: De conformidad cunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos de América o día 28 de febreiro celebrouse en todos os Estados Unidos o primeiro Día Nacional da Muller, que estas seguiron celebrando o último domingo de febreiro ata 1913. 

1910: A Internacional Socialista, reunida en Copenhague, proclamou o Día da Muller, de carácter internacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufragio feminino universal. A proposta foi aprobada unánimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. Non se estableceu unha data fixa para a celebración.

1911: Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemania,Austria, Dinamarca e Suiza, con mítines aos que asistiron máis de 1 millón de mulleres e homes. Ademais do dereito de voto e de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, morreron no tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de Nova York. Este suceso tivo grandes repercusiones na lexislación laboral dos Estados Unidos,e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre.

1913 a 1914: No marco dos movementos en prol da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mítines en torno ao 8 de marzo do ano seguinte para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.

1917: Como reacción ante os 2 millóns de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para declararse en folga en demanda de "pan e paz". Os dirixentes políticos criticaron a oportunidade da folga, pero as mulleres fixérona de todos os xeitos. O resto é historia: catro días despois o Zar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro, segundo o calendario juliano utilizado entón en Rusia,ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.

Desde eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial para as mulleres dos países desenvolvidos e en desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración sexa un punto de convergencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica. O Día Internacional da Muller é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller. 

Máis información: 

8 de marzo. Dia da Muller Traballadora (Vieiros)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.