DISTANCIAS
Paco Yáñez
Baía Edicións, 2008
  
 Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un  camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre  destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior que o irá  separando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausencia irá  provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia  vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lle obrigan a buscar  refuxio noutras realidades que, quizais, poidan resultar insuficientes ante o baleiro  que depara a soidade. Redactada a camiño entre o diario, a novela e mais o  ensaio, ...distancias... propón unha reflexión profunda sobre o valor e o  sentido da arte e da cultura na conformación da nosa persoa; un valor que entra  en crise cando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico e  psicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espello no que nos  poder observar a través da longa experiencia de séculos da humanidade no  recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión do que fomos, somos ou  criamos ser.
Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un  camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre  destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior que o irá  separando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausencia irá  provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia  vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lle obrigan a buscar  refuxio noutras realidades que, quizais, poidan resultar insuficientes ante o baleiro  que depara a soidade. Redactada a camiño entre o diario, a novela e mais o  ensaio, ...distancias... propón unha reflexión profunda sobre o valor e o  sentido da arte e da cultura na conformación da nosa persoa; un valor que entra  en crise cando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico e  psicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espello no que nos  poder observar a través da longa experiencia de séculos da humanidade no  recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión do que fomos, somos ou  criamos ser.Nº de páxinas: 224
Encadernación: Tapa blanda
Lígua: GALEGO
ISBN: 9788496893597
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.