venres, 22 de febreiro de 2013

A viaxe do Ser - LITERATURA XUVENIL

A viaxe do Ser
Colección: FÓRA DE XOGO
 
O viaxeiro, provisto apenas dunha mochila liviá, un gorro e un vello piolet, realizará a subida polo leito do Ser, un río de sesenta quilómetros de lonxitude que nace na serra dos Ancares. Durante tres xornadas de moi dura, longa e difícil camiñada en solitario, o viaxeiro descubrirá a beleza agochada na espesura da fraga, nos diferentes recantos do río, en cada unha das aldeas ou nos seres que alí habitan como a lontra, o paporrubio, o oso ou a pita do monte; mais tamén os múltiples perigos polos vieiros do descoñecido poñerán a proba a súa capacidade de resistencia, tanto física como mental.

A aventura do Ser, novela coa que debuta Manuel Pérez de Lis Álvarez, é unha fermosa narración dunha viaxe ás profundidades da natureza que relata, tamén, a aventura interior do camiñante na procura da esencia do ser. 

13 x 21 cm
168 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-082-7
Febreiro 2010

Fonte: Xerais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.