domingo, 13 de xaneiro de 2013

Novela de xadrez- LECTURA ADULTOS

Novela de Xadrez
Stefan Zweig

Unha partida de xadrez que reúne varios pasaxeiros dun barco que navega rumbo a Bos Aires. Ese é o punto de partida para a historia de dous homes antagónicos. Por unha banda Czentovic, o campión mundial de xadrez, e por outra, o Dr. B., un enigmático home que a Gestapo fai prisioneiro cando Hitler invade Austria. Son dous seres que o azar fai compartir o seu achegamento a este xogo “único entre os xogos”, aínda que a historia das súas vidas sexa completamente oposta. Dúas existencias opostas, dous mundos distintos como o é o universo oposto dos cadros brancos e negros dun taboleiro de xadrez pero, igual ca no taboleiro, ineludiblemente unidos e enfrontados a un tempo.

Clásicos Ir Indo. Recolle a tradución ao galego de textos clásicos, algúns deles publicados en galego por vez primeira.
 
ISBN: 84-7680-497-0
páxinas: 104
 
 
Fonte: Ir Indo

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.