xoves, 17 de xaneiro de 2013

Galaxia conmemora cun novo blog o centenario do nacemento de Fernández del Riego


Comezamos 2013, dende o punto de vista cultural e histórico, coa conmemoración do que sen lugar a dúbidas foi un dos galegos que máis contribuíu no pasado século a que a identidade do país perdurara e fose recoñecida, polos de fóra e por nós mesmos. Falamos de Francisco Fernández del Riego, escritor e académico que, por camiños indirectos pero certeiros, consolidou, antes da chegada das redes, este emprego das redes á maneira dos foros tradicionais da cultura galega. Para celebrar esta e outras cuestións relativas á súa figura, a Editorial Galaxia vén de pór en marcha un blog específico sobre o centenario do seu nacemento. Nel, entre outras cousas (achegas e referencias á súa persoa e traxectoria, ao que representa o seu legado), irase recollendo toda a información que xeren os actos de homenaxe.

Sinalar ademais que o caderno conmemora tamén os 50 anos da primeira convocatoria dunha celebración que colle moi de preto a Fernández del Riego: o Día das Letras Galegas. De feito, este festexo veu da man de tres persoeiros ben concreto da nosa cultura: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego. Para comezar, o blog estréase con tres achegamos ao intelectual homenaxeado da man de Malores Villanueva, o propio Fernández del Riego (
A nenez nunha pequena vila) e Víctor Freixanes.

martes 8 de xaneiro do 2013, por Fernando Sarasqueta
Fonte: 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.