venres, 18 de xaneiro de 2013

Dona Landra no Río Revolto - LECTURA INFANTIL

Dona Landra no Río Revolto
Alberto Varela Ferreiro
Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro
Col. Merliño.
Ed. Xerais. Vigo, 2009

Como cada ano, a señora garza buscaba o seu recuncho favorito no río onde ía pasar o inverno. Aterrou sobre unha lavadora que alguén botara na auga e de súpeto viu saír dela unha masa verde e fedorenta que a deixou petrificada. Logo atopáronse con aquel monstro: detrás dunhas latas ferruxentas, Don Salmón, que subía río arriba dende o mar, e do susto fuxiu río abaixo; entre uns envases de plástico, a Troita, que se puxo verde con lunares brancos; nun pneumártico, a Lontra, que virou azul co susto; nun bocoi metálico, a Donicela, que quedou tesa como un pau; onda unha lata oxidada, a Lamprea, que tornou de cor violeta e entre a espuma amarela, o Parruliño.

A Libeliña, que andara a seguir o monstro no seu percorrido polo río, decidiu ir pedirlle axuda a Dona Landra. Esta díxolle ao monstro que se puxese debaixo da fervenza. Entón entre a auga limpa apareceu a amiga ra, liberada da porcallada fedorenta. E todos os habitantes do río gabaron a sabedoría de Dona Landra.

O álbum incorpora un interesante tratamento da ilustración dixitalizada como un valor engadido.

36 páx.
18 x 20 cm.
ISBN    978-84-9782-979-3

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.