mércores, 9 de xaneiro de 2013

Cursos 2013 LINGUA GALEGA para as probas dos niveis CELGA


celga

Cursos preparatorios 2013 para as probas Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Destinatarios.–- A convocatoria está dirixida aos seguintes colectivos:
a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas e dispoñan dun local.

Presentación de solicitudes.-
Solicitudes individuais de acordo co modelo que figura como anexo I.
Solicitudes colectivos de acordo co modelo que figura como anexo II.
Dirixiranse aos gabinetes provinciais de normalización lingüística da provincia que corresponda.
A presentación de solicitudes farase en soporte papel ou por vía electrónica.

Documentación.- Xunto coa solicitude hai que presentar a seguinte documentación: a) Particulares, solicitude e copia do DNI.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións para organizar cursos a lista de persoas preinscritas (apelidos, nome e número de DNI).

Procedemento de selección.- a) Para particulares, seleccionaranse segundo a orde de entrada, no caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo utilizarase o criterio da orde alfabética ( do A ao Z).
b) Para colectivos, entidades e/ou asociacións procurarase realizar unha distribución xeográfica atendendo ás áreas comarcais.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 25 de xaneiro de 2013.
Solicitude para particulares (adultos)
Solicitude para colectivos
 
Resolución do 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013 (ED104B e ED104D). 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.