De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas. Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela... máis información
Segue o festival no Facebook |