domingo, 23 de decembro de 2012

O TEU CORPO - Recomendación de LECTURA INFANTIL

O teu corpo
Michèle Longour
Ed. SM Xerme
De 6 a 12 anos
Sabes que hai debaixo da túa pel, para que serve o suor, como funciona o cerebro? Abre as ventás, desprega as lapelas e descobre os segredos do teu corpo.

Resumo

O corpo é unha extraordinaria máquina que cumpre múltiples funcións: pode moverse, descubrir o mundo, reproducirse... Se queres saber como funciona, ver que se esconde baixo a pel e aprender a coidar e protexer o teu organismo, este libro, cheo de divertidos debuxos, vaicho ensinar.

Así empeza

Todos somos diferentes. Porén, o noso corpo funciona do mesmo xeito. Cando comemos, corremos ou respiramos, ocorren cousas fascinantes dentro de nós!

A pel recobre todo o corpo como se fose unha envoltura. Pero é unha envoltura elástica que medra ao tempo ca nós. Ademais, protéxenos dos microbios, da calor e do frío

Ficha bibliográfica

Título: O teu corpo
Escritor: Michèle Longour
Ilustrador: Lucie Durbiano, Guillaume Decaux
Traductor: Lara Santos
Colección: O meu mundo
Editorial: SM Xerme, 2009
Nº páx.: 28
ISBN: 978-84-9854-114-4

Xénero: Informativo
Tema: Mundo Natural
Este libro trata de: Anatomía - Saúde - Anatomía humana

Fonte: SOL

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.