domingo, 23 de decembro de 2012

O Apalpador en Redondela


O venres pasado presentouse na Biblioteca de Chapela (Redondela) o libro "A noite do Apalpador", do escritor e poeta Xurxo Valcárcel, con ilustracións de Pepe Carreiro, e que foi editado polo Concello de Redondela.

Xurxo Valcárcel durante a presentación
Os autores achegaron aos nenos a figura do Apalpador, nun acto presentado polo Concelleiro de Cultura José Alberto Pazos, no que os nenos, nenas, pais e nais, pasaron un rato agradable mentras coñecían ao protagonista do libro, unha personaxe clásica destas festas en Galicia.

Pepe Carreiro durante a súa exposición

Todos os asistentes foron obsequiados cun exemplar gratuíto do libro ilustrado que puideron levar para a súa casa adicado polos autores.






José Manuel con Pepe Carreiro


Eu tamén estiven alí e, por suposto, fun obsequiado tamén con varios exemplares para a Biblioteca de Pazos de Borbén, un deles cunha dedicación especial dos autores para os lectores da biblioteca.


Grazas ao Concello de Redondela, ao seu concelleiro de cultura pola súa atención coa nosa biblioteca e polo agasallo dos exemplares, e á encargada da Biblioteca de Chapela pola súa atención.

Imaxe da dedicatoria dos autores
Se queredes máis información sobre O APALPADOR fai clic AQUÍ. 

Agora só queda que os disfrutedes. Quedan a vosa disposición na Biblioteca. 

E non vos esquezades.

Estamos coa Campaña de captación de socios e ata o mes de febreiro todos aqeles que se fagan socios recibirán un pequeno agasallo da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.