luns, 3 de decembro de 2012

Google estreou o seu servizo de música en España

martes 13 de novembro do 2012, por Marcus Fernández

A música pode reproducirse directamente dende a web
España, Reino Unido, Francia, Alemaña e Italia reciben hoxe o servizo Google Play Music, de xeito que dende agora a tenda en liña de Google ofrece tanto milleiros de cancións do seu catálogo como a posibilidade de subir ata 20.000 cancións da nosa colección persoal para poder escoitalas dende a web ou a través dunha aplicación móbil para dispositivos con Android 2.2 ou superior (que incluso permite a reprodución dos nosos temas favoritos cando esteamos sen conexión á Rede).

O servizo de reprodución musical de Google pode sincronizarse ata en 10 dispositivos, e o límite de 20.000 cancións subidas polo usuario non afectaría ás cancións mercadas a través de Google Play, que tamén estarían dispoñibles, pero non reducirían o noso espazo de almacenamento en liña. A música mercada a través de Google Play tamén pode compartirse cos amigos para que poidan escoitala a través de Google+.


Google Play Music conta con aplicación para Android

Explicación en vídeo do servizo Google Play Music

  
Fonte:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.